Segundo os seus estatutos os fins da asociación son:
- Crear unha prolongación de Galicia en Ibiza, irmanando ós galegos desta isla.
- Facilitar en canto sexa posible, os medios educativos e de recreo convintes ós galegos sexan ou non socios.
- Prestar, na medida do posible, asistencia moral e material ós galegos necesitados, sexan ou non socios.
- Fomentar e patrocinar a celebración de exposicións de toda índole, especialmente de productos galegos e de artistas da terra.
- Desenvolver conferencias, especialmente aquelas que se refiran ós valores galegos ou que teñan relación con eles.
- Fomentar as correntes turísticas para e desde Galicia, co obxecto de que sexan debidamente coñecidas todas as terras españolas.
- Dar a coñecer o folclore galego, celebrando festas e espectáculos con este fin.
- Celebrar festivais e outros recreos para os socios e familiares.
- Publicar revistas, folletos, circulares e outras análogas suxetándose ás leis dictadas ó efecto.
- Realizar actividades económicas suxeitas ás leis, co fin de reunir medios financieros para o mantemento da sociedade e a financiación dos seus fins sociais.