Centro Social y Cultural Gallego de Ibiza

Entre os actos culturais máis importantes destacan:

  • Concursos de fotografía, pintura e máscaras para nenos.
  • Concursos de composición literaria, repostería e restauración.
  • Xogos e obradoiros infantís.
  • Mostra e degustación de productos típicos, etc.

Celebran “O Entroido”, “O Día das Letras Galegas”, “O Día 25 de Xullo”, “O Magosto”, e “A Cea do Nadal”.

O Centro Galego de Ibiza participou na “I Trobada dels Pobles”, que se celebrou os días 29 e 30 de xaneiro de 2005 no Recinto Ferial de Ibiza, e foi organizada pola Consellería de Participación Cidadana do Consello Insular de Ibiza e Formentera. Neste encontro multicultural que ten como obxectivo incentivar o intercambio entre pobos e culturas así como rendir homenaxe a todos os emigrantes que chegaron ás terras pitiusas, o Centro Galego contou cun stand no que se ofreceu promoción cultural, turística e informativa de Galicia: artesanía galega, música, libros, folletos turísticos e informativos do Xacobeo e de Turgalicia, traxes típicos galegos, artesanía do encaixe e degustación de productos típicos da gastronomía galega. Na celebración deste encontro colaborou a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emigración, asistindo ó mesmo un representante deste departamento.